|
Ano da música Con motivo do centenario da gravación do primeiro disco galego, o do coro pontevedrés Aires d'a Terra, que tivo lugar no 1904 baixo a dirección do gaiteiro e boticario Perfecto Feijóo, o concello de Pontevedra declarou o 2004 como Ano da Música. Ao longo destes doce meses, a nosa cidade vaise converter nun fervedoiro de ritmos e melodías, a través dunha programación plural debuxada para todos e todas. O Ano da Música pretende ser tamén un foro no que se definan propostas de futuro en ámbitos como a creación e a proxección exterior da música galega. O Ano da Música deixará a súa pegada tamén nas demais actividades culturais que leva a cabo o Concello de Pontevedra. Por exemplo, nos Domingos do Principal, espectáculos musicais e teatrais para o público infantil que se celebran no Teatro Principal (25 de xaneiro - 3 de abril). Tamén no Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se desenvolverá entre o 1 e o 8 de febreiro no Pazo da Cultura. |
||||||||||||||||||||