Día da Patria Galega


25 de Xullo

O 25 de xullo celebrámo-lo día do noso país, unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao, "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".

Para conmemorarnos esta data, Vieiros ven reproducindo dende o pasado 16 de xullo as proclamas publicadas no periódico A Nosa Terra, con motivo do Día de Galicia, no período comprendido entre 1920 e 1935.

Neste afán por contribuírmos á recuperación da nosa memoria histórica, concluímos este especial de Vieiros co discurso "Alba de Groria" que Castelao leu tal día como hoxe do ano 1948.




Volver a Vieiros